Vindeiras actividades de verán 2014

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
ZAS: no Centro Sociocultural (981 751 398)
BAIO: no Centro Sociocultural (981 718 056)
Horario: de luns a venres de 9:30h a 14h

*É obrigatorio entregar a solicitude de inscrición e realizar o pago das actividades antes do seu inicio

*As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada

* As persoas non empadroadas participarán sempre e cando non se cubran as prazas coas persoas empadroadas no Concello de Zas

Programación Actividades de Verán 2014 [PDF]

Cartel Festa Infantil 2014 [PDF]

OS VENRES A PÉ

Descrición da actividade: rutas de sendeirismo, de balde, para os/as máis novos/as polo Concello de Zas.
Destinatarios/as: Maiores de 7 anos
Observacións: Roupa e calzado cómodo, crema solar. A auga e a comida vai por conta dos/as participantes.
Datas: 8, 22 e 29 de agosto
Inscricións: Ata o día anterior á realización da ruta
Saída: Praza do Concello ás 10h.
DÍA DA BICI

Descrición da actividade: Realizarase un percorrido en bicicleta polo concello durante unha mañá rematando a actividade cun xantar de convivencia
Observacións: É obrigatorio o uso de casco
Destinatarios/as: Maiores de 6 anos
Horario: Saída da praza do Concello ás 10h.
Data: Domingo, 10 de agosto
Nº de prazas: Sen límite, pero é obrigatorio realizar a inscrición
Prezo: De balde
Inscricións: Ata o 4 de agosto
CURSO DE SURF, BODYBOARD E ACTIVIDADES ACUÁTICAS

Observacións: Deberán levar comida e merenda, bañador, toalla, chanclas e crema solar. Impartido por Namarea Surf
Destinatarios/as: Maiores de 10 anos e persoas adultas
Lugar onde se realiza: praia a determinar en función da meteoroloxía
Horario de saída: Saída da praza do Concello ás 9.30h.
Horario de chegada: 20h aprox.
Data: Mércores, 13 de agosto
Nº de prazas: Mínimo 25, Máximo 50
Prezo: 25? empadroados/as e 30? non empadroados/as, que inclúe o material necesario para o desenvolvemento da actividade
Inscricións: Ata o 12 de agosto
ZASPATEANDO. ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS

Descrición da actividade: Levaranse a cabo roteiros interpretativos e outros xogos dende unha perspectiva respectuosa co medioambiente
Destinatarios/as: De 4 a 12 anos
Lugar onde se realiza: Centros Socioculturais de Baio e Zas
Horario: 10h a 13h
Datas: 18 e 19 de agosto (Zas) e 20 e 21 (Baio)
Inscricións: Ata o 15 de agosto en Zas e ata o 19 de agosto en Baio
Nº de prazas: 30 por localidade
Prezo: 3? empadroados/as e 5? non empadroados/as
XXVII TROFEO DE FÚTBOL CONCELLO DE ZAS

Datas: Agosto

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 Marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.