I XUNTANZA XERACIONAL LANGUEIRON 2010

Os veciños da aldea de Langueirón o próximo domingo día 19 de setembro van facer un día festivo no cal se reunen varias xeracións de persoas nacidas no lugar e que están polo mundo arriba, desde Canarias , Madrid, Barcelona etc. dende o mais pequeno ata o de mais idade.

Estímase unha participación arredor de 300 veciños, tendo en conta que na aldea so hai unha terceira parte dos asistentes.

O evento terá lugar na masa común sita na aldea nunha carpa de 375.-metros cadrados e o programa festivo empezará as 12 da mañá cun pasarúas ofrecido pola charanga de Pino de Val de Mazaricos. A sesión vermú será ata as dúas da tarde.

Posteriormente terá lugar unha comida a base de tapeo de callos de entrante, polbo á feira e carne ó caldeiro, postre, café acompañado de viños e refrescos variados.

A continuación terán lugar as seguintes actividades:

-Actuación do MAGO SERGIO KAB .
-Proxección de video con fotos antigas dos veciños con montaxe musical.
-Actuación das pandereteiras e un concurso de chistes entre os veciños.
-Farase entrega de unha placa homenaxe a Carmen Romar Otero por ser a veciña de mayor edade que participa no evento. E rendiremos un minuto de silencio en honra o veciño Manuel o Conde recentemente falecido con 95 años.
-Para cerrar a festa haberá unha actuación musical e servicio de bebidas para os asistentes.

O acto comezará as 12 da mañá e rematará ás 12 da noite e estará limitado ós veciños nativos e familiares.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.