Área recreativa A Fonte (Fornelos)

A área recreativa A Fonte é un espazo de lecer que conserva a memoria da vida rural.

Máis información sobre Área recreativa A Fonte (Fornelos)

Espazo rehabilitado pola veciñanza, que recuperou un lugar de encontro de grande importancia na vida cotiá das xeracións pasadas. Durante décadas, aquí buscábase auga, lavábase a roupa ou se moía o millo.

Na actualidade é unha área de esparexemento e lecer, na que se combina natureza, memoria histórica e identidade comunitaria.

Señal Si Visitable

Outros lugares de interés no Concello de Zas

Comparte este lugar en redes