Ideas para desfrutar en Zas da Semana Santa

Ideas para desfrutar en Zas da Semana Santa

Estamos en plenas vacacións dunha Semana Santa que volve a ser bastante diferentes ás anteriores. Pero isto non significa que vaian ser aburridas xa que no Concello de Zas podemos desfrutar destes días de descanso.
Unha boa opción para desfrutar do tempo libre é o sendeirismo; unha actividade coa que facemos exercicio, poñémonos en contacto coa natureza e descubrimos lugares. A ruta da auga, a ruta para descubrir o Brandomil Romano ou a ruta para subir ata o alto do monte O Castelo son algunhas das opcións que podemos escoller estes días. Na seguinte ligazón atoparás máis información de cada unha das ruta e o seu track: https://concellodezas.gal/turismo/rutas-senderismo/es
Gastronomía
Tampouco temos por que saír do Concello de Zas para desfrutar da gastronomía galega xa que no noso municipio temos bares e restaurantes que nos ofrecen menús variados durante todos os días do ano. E se o prefires tamén podes desfrutar dunha comida ao aire libre en calquera dos merendeiros que temos. Podes ver todas estas opcións polo miúdo na seguinte ligazón: https://concellodezas.gal/turismo/merenderos/es
Lugares de interese 
As Torres do Allo, a Arca da Piosa, a ponte de Brandomil ou o pozo de Limideiro son algúns dos lugares máis emblemáticos do Concello de Zas. Descúbreos!
Entra no apartado “Qué ver” da seguinte ligazón: https://concellodezas.gal/turismo/portada-turismo/es
Coñecer polo miúdo o Concello de Zas
O noso Concello está formado por 16 parroquias. Se queres coñecelas todas polo miúdo entra na sección de Zas Polo Miúdo.
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 Marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
25 Marzo, 2026
O Concello de Zas será escenario este venres, 27 de marzo, da proxección do documental ‘A Costa e os castelos’, unha peza audiovis...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.