1centro_saude_zas

O Goberno Municipal de Zas esixe que o SERGAS cubra de forma inmediata a praza de pediatra que vén de quedar vacante

O servizo de pediatría quedou descuberto dende hoxe nos Centros de Saúde de Zas e de Baio afectando a máis de 330 doentes

 

O Goberno Municipal de Zas mostra unha vez máis a súa preocupación pola grave situación pola que pasa o servicio de pediatría no Concello de Zas. Segundo as queixas recibidas durante estes días por moitas familias do noso municipio, o servizo de pediatría quedou vacante dende hoxe e tampouco hai previsión de que se cubra ao longo de toda a semana que vén. Esta situación obriga ás familias de Zas a desprazarse ao Centro de Saúde de Vimianzo saturando así a carteira de doentes deste facultativo ou a colapsar o servizo de urxencias cando se trata de consultas propias da atención primaria.

“Unha vez máis dende o equipo de Goberno do Concello de Zas esiximos que o SERGAS – que é a administración responsable nesta materia – restableza o antes posible este servizo e que garanta dunha vez por todas un servizo de calidade para todos os nenos e nenas do noso municipio”; sinala Manuel Muíño Espasandín, Alcalde do Concello de Zas. Ademais, o rexedor critica que en ningún momento o SERGAS se puxo en contacto co concello para dar conta da situación o que califica como unha falta de cortesía e de lealdade institucional. 

A falta de pediatras que afecta a toda Galicia está a provocar dende hai tempo un alto malestar entre os veciños e veciñas do Concello de Zas. Dende o mes de xaneiro de 2018, o servizo de pediatría no Concello de Zas reduciuse a 15 horas de atención semanal repartidas nos Centros de Saúde de Zas e de Baio cando anteriormente o especialista prestaba asistencia 35 horas á semana. Unha atención que, tanto para o Goberno Municipal como para as máis de 330 cartillas afectadas, resulta insuficiente. Ademais, en varias ocasións o servizo quedou descuberto durante varios días sen previo aviso. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.