Afiando fouciños 1 sesión

Afiando Fouciños abre este sábado en Baio cunha sesión dedicada ao río do Porto

O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:00 horas, no Auditorio de Baio, cunha sesión dedicada ao patrimonio natural, histórico e cultural da comarca.

A primeira proposta do ciclo será a presentación do documental ‘O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira’, realizado polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM). No acto intervirán Evaristo Domínguez e Xosé María Lema, membros da directiva do SEMESCOM, este último tamén guionista do documental. A sesión estará moderada polo alcalde de Zas, Manuel Muíño.

O audiovisual nace como continuación do traballo desenvolvido polo Seminario de Estudos Comarcais arredor deste curso fluvial. En 2019, o SEMESCOM publicou o libro O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira e, posteriormente, no ano 2024, a directiva da asociación acordou realizar un documental baixo o mesmo título, coa intención de seguir afondando no coñecemento e na posta en valor da principal arteria fluvial da Terra de Soneira. O proxecto pretende tamén contribuír á recuperación do nome histórico de río do Porto, unha denominación documentada desde hai séculos.

A proposta audiovisual segue unha distribución de contidos semellante á do libro e combina a explicación histórica coa descrición do percorrido do río. O documental aborda, así, a historia da súa denominación e a evolución do uso do nome río do Porto, fronte á denominación río Grande, empregada desde a década dos sesenta do pasado século.

Unha nova proposta como antesala dos Premios Fouciño

Afiando Fouciños nace nesta edición como unha nova iniciativa vinculada aos VI Premios Fouciño, que se celebrarán do 22 ao 24 de outubro en Baio e que este ano poñen o foco na animación galega.

O ciclo desenvolverase durante as catro semanas anteriores ao festival e incluirá catro proxeccións documentais en Baio e Zas, coa intención de ampliar a programación audiovisual e achegar ao público propostas vinculadas coa memoria, a cultura e a realidade do territorio.

Tras a sesión inaugural do 26 de setembro, Afiando Fouciños continuará con ‘360 Curvas’, ‘Crónicas dun Non’ e ‘Deuses de Pedra’, esta última prevista para o 18 de outubro no Local Fouciño de Baio.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 September, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 September, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 September, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 September, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 September, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 August, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.