WhatsApp Image 2026 11 13 at 21.55.18

Zas presenta unha programación especial polo 25N con actividades para toda a veciñanza e os centros educativos

O Concello de Zas organiza un programa especial de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A iniciativa inclúe propostas culturais, teatrais e formativas dirixidas á veciñanza, así como accións de sensibilización e prevención nos centros educativos do municipio.

A programación arrancará o luns 16 de novembro, ás 18:15 horas, co inicio do Curso de Regulación Emocional no Centro Sociocultural de Zas. O mércores 18, ás 19:00 horas, o Auditorio de Baio acollerá a representación teatral ‘Véxote con outros ollos’, a cargo do Grupo Interxeracional Avoas de Laxe.

As actividades culturais continuarán o sábado 21, ás 20:00 horas, co espectáculo de narración ‘Asdomare – Rilo & Penadique’. O domingo 22, ás 18:30 horas, representarase ‘Shopie non é o meu nome de guerra’, mentres que o martes 24, ás 20:30 horas, será a quenda de ‘As aventuras de Naviza Girl’. Todas estas propostas terán lugar no Auditorio de Baio. O programa completarase o xoves 26, ás 10:15 horas, cunha visita da Asociación Íntegro para coñecer as instalacións e o funcionamento do Centro de Información á Muller do Concello.

Actividades nos centros educativos

A programación chegará tamén ao alumnado dos centros educativos do municipio. A partir do 16 de novembro, os escolares de Primaria do CEIP Labarta Pose de Baio e do CPI de Zas participarán na actividade ‘Efecto Dominó 25N: Derrubamos a Violencia de Xénero’.

O mércores 18, ás 11:30 horas, o Auditorio de Baio acollerá a representación de ‘O arcón de Noa’, destinada ao público infantil. Pola súa banda, o alumnado de 4º da ESO e FP Básica do IES Maximino Romero de Lema participará o luns 23 no programa ‘Erradicando a violencia sexual’, mentres que o resto do alumnado da ESO realizará o escape room ‘A viaxeira no tempo’.

O mércores 25, o alumnado de Infantil e 1º de Primaria do CEIP Labarta Pose participará na proposta ‘Non hai cousas de neno nin de nena, só de persoas’. Finalmente, o xoves 26, o alumnado de Infantil e Primaria do CPI de Zas tomará parte na actividade ‘Novos lobos’.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca a importancia de manter o compromiso colectivo fronte á violencia machista: “A violencia contra as mulleres é unha realidade que debemos combater todos os días do ano. Desde o Concello queremos contribuír a esta loita promovendo a sensibilización, a educación e a implicación de toda a sociedade”.

O rexedor tamén incide no papel fundamental da prevención desde as primeiras etapas educativas: “É esencial traballar coa infancia e coa mocidade para fomentar relacións baseadas no respecto, na igualdade e na liberdade, e avanzar así cara a unha sociedade libre de violencia contra as mulleres”.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

14 November, 2026
As obras de renovación integral da praza do Concello de Zas e das rúas da súa contorna avanzan a bo ritmo, cumprindo co obxectivo ...
6 November, 2026
O histórico Pazo das Torres do Allo volverá ser este outono o epicentro da festa e da tradición na Costa da Morte. O Concello de Z...
5 November, 2026
O Goberno municipal de Zas anuncia a convocatoria de 180 bolsas de axuda ao estudo para o curso 2026/2027. Estas subvencións están...
3 November, 2026
O Concello de Zas resultou beneficiario dunha subvención ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 para a contratación dunha persoa ...
31 October, 2026
O Concello de Zas contará durante o curso 2026-2027 cunha nova edición do programa ‘Os Ratos de Lonxedetodo’, desenvolvido por Tri...
24 October, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.