maio_mes_letras_2018

O Concello de Zas conmemora o mes das letras cun completo programa cultural

Por décimo ano convócase o Concurso de Marcapáxinas para homeaxear así á escritora María Victoria Moreno, protagonista do Día das Letras Galegas 2018

Como  vén sendo habitual nos últimos anos, o Concello de Zas conmemora a festividade das Letras Galegas cun completo programa de actividades que se desenvolverán ao logo de todo o mes nos distintos centros educativos do concello, nas bibliotecas municipais e nos auditorios de Zas e de Baio.  A música, o teatro, a lectura e a creatividade son os protagonistas do programa cultural que leva por título “Maio, Mes das Letras 2018”. Todas as actividades son gratuitas.

A primeira das actividades nos centros educativos botará a andar mañá, 2 de maio, no CPI de Zas e no CEIP Labarta Pose de Baio. “Polo correo do vento. Mª Victoria Moreno, unha historia de amor” é o nome do obradoiro creativo no que participarán o alumnado destes centros educativos (10:00 horas en Zas e as 13:00 horas en Baio).

Na programación tamén se inclúen as sesións de contacontos infantil que ofrece a compañía Trinke Trinke Teatro. Este mes, traen o espectáculo “Traballiños de Verán” dirixido aos máis pequenos e que representarán o 8 de maio na Biblioteca Municipal de Zas e o 22 de maio na Axencia de Lectura de Baio. Nos dous casos, o evento comeza ás 18:00 horas.

O 15 de maio é outro dos días fortes do programa “Maio. Mes das Letras 2018”. As 11:00 horas o alumnado do CPI de Zas terá unha sesión musical da man de Oviravai. Un pouco máis tarde, as 12:45 horas, é o turno dos alumnos e alumnas do IES Maximino Romero de Lema que teñen a ocasión de ver a obra de teatro “Mensaxe do Mar”, de Fantoches Baj.

Xa o 23 maio, Pakolas  – Paco Cerdeira – desprazarase as 13:00 horas ao CEIP Labarta Pose de Baio para ofrecer o seu concerto musical “As parábolas de Pakolas”.

X Concurso de Marcapáxinas

O Concello de Zas, a través das súas bibliotecas municipais, convocan por décimo ano o Concurso de Marcapáxinas sumándose desta forma aos actos de homenaxe á escritora María Victoria Moreno, protagonista do Día das Letras Galegas 2018. Esta é a temática a tratar nos traballos que se deben de presentar ata o mércores 16 de maio.

No concurso poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros escolares do Concello de Zas habendo tres categorías: A (ata os 5 anos), B (de 1º a 5º de Primaria) e C (de 6º de Primaria a 4º da ESO). Haberá dous premios por categoría dotados cun lote de libros cada un.

Os traballos premiados utilizaranse na Biblioteca Pública Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste ata o Día das Letras Galegas do 2019. As bases do X Concurso de Marcapáxinas poden consultarse ao final desta nova.

 

III Mostra de Teatro

Dentro da programación “Maio, mes das letras 2018” tamén se enmarca a III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” que xa está en marcha. Así, durante este mes continúan as representacións das obras finalistas. A próxima será este sábado, día 5, no Auditorio de Zas coa obra “Mass co-medias” do grupo Os Kabramakabra, de Rianxo. A función, aberta para todos os públicos, comeza ás 21:00 horas. As representacións continuarán o 12 de maio (cun drama para maiores de 12 anos) e o 19 de maio (cunha obra dirixida ao público infantil).

As actividades de “Maio. Mes das Letras 2018” pecharanse o 27 de maio no Auditorio de Baio coa entrega de premios da III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” e coa clausura da XI Escola Municipal de Teatro Infantil.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 April, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 March, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.