Exposicion pintura csc baio novembro2025

A pintura realista de Ismael Galego chega ao Centro Sociocultural de Baio

Dende onte e ata o vindeiro 12 de decembro, o Centro Sociocultural de Baio acolle unha nova exposición de pintura que chega da man de Ismael Galego.

Esta é unha mostra formada por 27 cadros nos que emprega unha técnica realista para plasmar paisaxes e outros elementos emblemáticos da nosa terra; tales como hórreos, festas, rúas,… Ismael Galego, nado en Agolada (Pontevedra) e afincado na Coruña, adicouse á Enxeñaría ata o 2014. Foi neste ano cando descubriu a súa faceta como pintor e que recoñece que lle apaixona. Durante a inauguración da mostra, Ismael Galego agradeulle ao Concello de Zas a posibilidade de expoñer os seus traballos.

Pola súa banda, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, recordou que este ciclo de exposicións serve para que “o Centro Sociocultural de Baio sexa un espazo de referencia para as exposicións e dende o que se espalla a cultura a toda a comarca”. Así mesmo incidiu en que este é un lugar no que teñen cabida os artistas menos coñecidos e próximos á nos.

A exposición de pintura de Ismael Galego pode verse ata o 12 de decembro co seguinte horario de visita:

  • De martes a venres, de 15:30 a 20:30 horas.
  • Sábados, de 10:00 a 14:00 horas.
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 August, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 August, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 August, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 August, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 July, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.