obradoiros-nadalZas2024

Xa están aquí os obradoiros infantís para este Nadal

Haberá tres quendas diferentes que se realizarán nas Torres do Allo e nos Centros Socioculturais de Zas e de Baio

Xa están abertas as inscricións para os obradoiros infantís deste Nadal que está a piques de comezar. Coma sempre, con eles o Concello de Zas pretende facilitar a conciliación laboral e familiar da nosa veciñanza.

Por este motivo este ano ofértanse un maior número de prazas e varias opcións. Coma sempre son todas de balde e teñen preferencia os nenos e nenas maiores de 3 anos empadroados/as no noso municipio. Estas son as quendas dispoñibles:

  • Nadal nas Torres: 21 e 22 de decmbro nas Torres do Allo en horario de 16.00 a 17:30 horas
  • Campa Nadal Zas: 23, 24, 26 e 27 de decembro no Centro Sociocultural de Zas de 10:00 a 14:00 horas
  • Campa Nadal Baio: 30 e 31 de decembro e 2 e 3 de Xaneiro no Centro Sociocultural de Baio en horario de 10:00 a 14:00 horas

Para participar en calquera deles é necesario anotarse previamente no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056).

Estes campamentos de Nadal están organizados polo Concello de Zas e inclúense dentro do programa de ocio para todos os públicos que debullaremos nos vindeiros días.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

2 May, 2026
O Concello de Zas acollerá a partir do vindeiro luns, 4 de maio, a exposición ‘Cores da alma’, unha mostra do artista catalán José...
1 May, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 April, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.