Presa_rio_grande_Baio

Zas polo Miúdo repasa a historia oficial do municipio durante a 2ª república e a Guerra Civil

A documentación, elaborada por Xosé María Lema e Evaristo Domínguez Rial, xa pode consultarse a través da páxina web do Concello de Zas

 

O Concello de Zas continúa sacando á luz a historia do municipio a través das actas municipais cunha nova entrega de “Zas polo Miúdo”. Nesta ocasión, Xosé María Lema e Evaristo Domínguez Rial repasan as actas que van dende o ano 1931 ata o 1939 coincidindo coa 2ª República e coa Guerra Civil.

Ao igual que no resto dos concellos do estado, estas dúas etapas marcaron a historia de Zas con diversos cambios políticos e sociais. Tal e como o reflicten as actas, foron tempos convulsos con momentos moi tensos. Destaca a acta do 4 de xullo de 1936 na que se recolle as intencións “organizadas y preparadas por elementos reaccionarios y fascistas en esta parroquia”  por levar a cabo uns “criminales proyectos”. Non hai constancia de que o goberno municipal levase a cabo algunha medida contra estes conspiradores pero sí que consta na documentación oficial as sancións a tres funcionarios do municipio por desacato e por entorpecer o labor municipal.

Nas actas municipais destes anos tamén constan feitos como a autorización dunha liña eléctrica, no ano 1933, que sería unha das primeiras da bisbarra e que daría subministro a unha parte da veciñanza de Baio. A electrificación estendeuse tamén á vila de Zas mentras que nas restantes parroquias tiveron que esperar anos.

Os documentos tamén falan da estreita relación que mantivo o deputado republicano Emilio González López con determinadas personalidades de Baio. Froito destas relacións construíse no ano 1931 a estrada que comunica Baio con As Revoltas, en Canduas, sendo esta unha das primeiras obras públicas do Estado na comarca. “Yo quería hacer de Bayo el centro de un núcleo de carreteras que comunicaran todos los pueblos de esta comarca….” Recolle o deputado nas súas memorias.

Esta terceira parte da “Historia Oficial do Concello de Zas” pode consultarse no apartado de “Zas polo Miúdo” da páxina web municipal. Zas polo Miúdo é un proxecto posto en marcha polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura co que se pretende divulgar a historia e outros datos de interese de todas e cada unha das 16 parroquias que forman o municipio. Toda a documentación está publicada na páxina web municipal estando así ao alcance da veciñanza.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 September, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.