baile-para-maiores-Zas-2023

Volve o baile para maiores con música en directo todos os sábados no Centro Sociocultural de Zas

Este sábado, a partir das 20:00 horas, actúa o dúo Charada

 Despois do descanso do verán, este sábado volven ao Centro Sociocultural de Zas as ansiadas tardes-noites de baile para maiores con música en directo. Como novidade, este ano hai un pequeno cambio no horario e as sesións comezarán as 20:00 horas.

Estas son as actuacións previstas para este mes de outubro:

  • 14 de outubro: dúo Charada
  • 21 de outubro: dúo Blanca Doble
  • 28 de outubro: trío Digital

“Estas sesións de baile para mariores forman parte do programa de actividades específico para as persoas maiores no que se inclúen propostas que ano tras ano teñen moi boa acollida como son a ximnasia de mantemento, os talleres de memoria e os cursos de manexo de teléfonos móbiles” sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 September, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.