Seguimos coa Semana Cultural

Dende o Concello de Zas, recordámosvos que seguimos coas actividades programadas con motivo da Semana Cultural.

O mércores 31 de xullo como xa sabedes, tivemos un monólogo de Carlos Blanco, no que os/as asistentes doaron 2? por ver o espectáculo. Recadáronse un total de 470? que se destinarán a 3 bolsas de estudo de primaria para nenos/as de comunidades indíxenas sen recursos de Nueva Segovia (Nicaragua) por medio da ONG Sólida e o Instituto de Liderazgo de Nueva Segovia, tal e como explicou o conferenciante José M. Pérez Otero antes do monólogo.

Ademais da programación que coñecedes, mañá vernes, 2 de agosto contaremos ás 18h. co escritor Xosé Neira Vilas acompañado de Valentín García, Secretario xeral de política lingüística e Xosé Luís Reimóndez, comisario da exposición que se clausurará mañá “Querido Balbino. Memorias dun neno labrego”, no Centro Sociocultural de Zas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 September, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 September, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.