ratinos-zas-2024-2025

Os Ratiños de Lonxedetodo volven ás nosas Bibliotecas Municipais para adentrar na lectura á rapazada

Cada mes, dende novembro ata maio, treaeránnos un espectáculo que realizarán na Axencia de Lectura de Baio e na Biblioteca Municipal de Zas

Un ano máis, os Ratiños de Lonxedetodo – da compañía Trinke Trinke Teatro – regresan ás nosas bibliotecas. A estes simpáticos roedores encántanlle os libros e queren transmitirlle a súa paixón pola lectura aos nenos e nenas do noso municipio. Así que durante os vindeiros meses sairán de cando en vez do seu agocho para contarnos e cantarnos unha morea de historias coas que pasaremos un anaco en familia ben divertido. Farannos dous espectáculos aos mes, que serán na Axencia de Lectura de Baio e na Biblioteca Municipal de Zas e nos dous casos comezan sempre as 18:00 horas. 

Este é o programa:

  • “Viaxe pola Galicia Encantada”: 4 e 5 de novembro
  • “Os ratiños da caixa”: 2 e 3 de decembro
  • “Ovos, letras e galiñas”: 13 e 14 de xaneiro
  • “Viaxe a África”: 10 e 11 de febreiro
  • “Un nacemento especial”: 24 e 25 de marzo
  • “Lonxedetodo en festas!”: 14 e 15 de abril
  • “Contos para andar o camiño”: 12 e 13 de maio

Esta é unha actividade gratuíta e que está organizada polo Concello de Zas, a través do seu departamento de Cultura, en colaboración coa compañía Trinke Trinke Teatro.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 June, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 June, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 June, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 June, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 June, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 June, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...