VPremiosFoucino-concello-zas

Os Premios Fouciño presentan unha programación “diversa, comprometida e local” para a súa V Edición

O festival encherá Baio de filmes e música do 23 ao 25 de outubro Ademais do concurso de curtametraxes, a programación audiovisual estará conformada por unha selección de pezas destacadas do cine galego recente O certame pechará con actuacións musicais de Antía Muíño, Ulex, 9Louro e Tonita

Os Premios Fouciño veñen de anunciar a programación da que será a súa V edición, que se celebrará en Baio do 23 ao 25 de outubro de 2025 e repartirá 1.800€ en premios. O festival aposta por un formato semellante ao do ano pasado, que tivo tan boa acollida, e que combina curtametraxes dentro e fóra de competición, actividades lúdicas relacionadas co cinema e moita música. 

O festival botará a andar o xoves 23 de outubro coa proxección de Pura, curtametraxe de Carmen Méndez gañadora dos Mestre Mateo este 2025. Despois do pase haberá un coloquio coa directora. 

O venres 24 teremos unha sesión de catro curtametraxes que conectan no concepto de diversidade: ‘Delincuente’, de Alba Domínguez e Nuria Vil; ‘O Coidado’, de Miguel Canalejo; ‘Abellón’, de Fon Cortizo e ‘La casa de la abuela’, de Ashling Ocampo. A noite rematará cun concerto da cantante coruñesa Sofi Peries e un concurso de karaoke cinéfilo

O prato forte do festival é o sábado 25, coa proxección das curtas presentadas a concurso e a gran festa final na que actuarán Antía Muíño, Ulex, 9Louro e Tonita, conformando un cartel que aposta polos novos talentos e a música en galego. Antes, a mediodía, tamén haberá a proxección da curtametraxe do obradoiro infantil de cinema e a peza ‘Un peixe é un peixe é un peixe’ de Marilar Alexandre e Alberto Pombo, gravada en Fisterra. 

O equipo dos Fouciño anunciou a programación durante un acto dedicado ao propio certame baiés que se celebrou dentro da Semana Cultural de Zas. O evento contou coa presenza do Alcalde de Zas, o Concello coorganiza o certame, e pola tarde proxectáronse as tres curtametraxes gañadoras da IV Edición do festival. Muíño destacou o nivel deste certame que sitúa a Baio no mapa do audiovisual.

A organización dos Fouciño salientou a aposta deste ano por un cinema comprometido no social e innovador no formal, sempre desde o carácter local e íntimo das historias, ese “cinema de proximidade” que caracteriza a selección dos Premios Fouciño.

Podedes consultar toda a programación en https://premiosfoucino.concellodezas.org/

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 May, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 April, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.