Presentacion_Trail_Nocturno_Cova_do_Lobo

O Trail-Andaina Nocturno Cova do Lobo celebra a súa II edición o próximo 10 de agosto

O evento está composto por tres probas de diferentes (trail, andaina e pequetrail) abertas a toda a veciñanza e que se disputarán nos montes de Zas

Despois do éxito do ano pasado, xa está en marcha a II edición do Trail–Andaina Nocturno Cova do Lobo que se disputará o vindeiro 10 de agosto nos montes de Zas. Esta é un evento deportivo non competitivo con tres probas diferentes e abertas a toda a veciñanza: un trail, unha andaina e un pequetrail. “Dar a coñecer as nosas paisaxes e o noso patrimonio a través dun evento deportivo como este é un dos nosos obxectivos”, sinalou Manuel Muíño, Alcalde de Zas, durante a presentación do evento que tivo lugar esta mañá e na que estivo acompañado de David Fernández, da Asociación Deportiva Monte Brondo.

O trail nocturno constará de 15 quilómetros de percorrido por distintos sendeiros do municipio de Zas; dos cales o 95% é monte. A saída será ás 22:00 horas da praza do Concello de Zas e ademais de dúas zonas de avituallamento, durante o percorrido os participantes atoparanse con diferentes sorpresas. O custo de participación é de 12 euros para os que se anoten antes do 2 de agosto ás 23:59 horas e logo pasará a costar 14€. A proba está limitada a 250 participantes.

Na andaina nocturna, duns 10 quilómetros, poderán participar toda a veciñanza que o desexe e a inscrición ten un custe de 8 euros (ata o 2 de agosto ás 23:59 horas) e de 10 euros a partir dese día. A saída será ás 22:05 horas dende a praza do Concello de Zas. Na probra poderán participar un máximo de 300 persoas.

No caso do pequetrail haberá dúas categorías; Cachorros (de 5 a 10 anos) e Lobeznos (de 11 a 15 anos). A inscrición nesta proba é gratuíta e os corredores deberán entregar unha autorización firmada polos pais/titores. O percorrido é de 750 metros para os máis novos e2 quilómetros para os Lobeznos e as saídas serán ás  20:30 horas e 21:00 horas respectivamente.

 

 

Os/as interesados en participar poden anotarse a partir de mañá (10 de xullo) ás 22:00 horas a través da plataforma Galitiming no seguinte enderezo: http://trailnocturnozas.galitiming.com/.

Todos os participantes contarán con seguro de accidentes durante a proba. A inscripción dá dereito a participar na proba, seguros, avituallamentos, gardarroupa, duchas, obsequios e cea a base de paella para todos/as os/as participantes.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 May, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 May, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 May, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 May, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 May, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 May, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.