Zas_sen_recortes_en_pediatria___entrega_premio_nordes

O Concello recolle o Premio Nordés da Audiencia outorgado á coordinadora “Zas sen recortes en pediatría”

Os representantes da entidade entregáronlle o galardón ao Alcalde, Manuel Muíño, en sinal de agradecemento a todos os veciños e veciñas que apoian as súas reivindicacións

Membros da Coordinadora “Zas sen recortes en pediatría” entregáronlle o pasado luns ao Alcalde, Manuel Muíño, o Premio Nordés da Audiencia que recibiu a entidade pola súa loita en defender unha sanidade pública sen recortes.

O galardón recollérono no pasado mes de novembro durante a XIX gala dos Premios Nordés organizados pola Cadena Ser. “Dende o momento que recibimos o premio, tiñamos claro que non era noso. Non é para nós, senón que é de todos os veciños e veciñas de Zas e da contorna que amosaron o seu rexeitamento aos recortes no servizo de pediatría que sufrimos tanto en Zas como en moitos máis vilas galegas. Así que decidimos que o mellor sitio no que pode estar é na Casa do Concello de Zas”,  sinalan dende a coordinadora.

Pola súa banda, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, aproveitou a ocasión para felicitar aos membros da coordinadora así como en reiterarlle o apoio do goberno local co fin de que todos os nenos e nenas de Zas reciban a atención médica que precisan.  

Lazos

Precisamente, durante a súa visita ao Concello, os membros da Coordinadora presentaron outra das iniciativas que teñen en marcha co fin de recuperar as 35 horas de atención pediátrica repartidas entre os centros de saúde de Zas e de Baio. A nova iniciativa consiste no reparto de lazos de cor morada nos que se poden ler “Zas sen recortes en pediatría”.

Son os propios membros da coordinadora os encargados de repartir entre a veciñanza os lazos que doou unha das afectadas co fin de incrementar a visibilidade da problemática que están sufrindo. Os lazos tamén se poden atopar nos distintos establecementos comerciais do concello de Zas ou solicitándoos a través da páxina de Facebook de “Zas sen recortes en pediatría”.

Dende principios do mes de xuño, o especialista en pediatría presta asistencia en días alternos nos centros de saúde de Zas e Baio entre as 12:00 e as 15:00 horas cando até o de agora o facía de 08:00 a 15:00 horas. Esta reducción de horas obriga ás familias a recorrer aos servizos de urxencias para solucionar calquera de atención primaria.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 April, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 March, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
25 March, 2026
O Concello de Zas será escenario este venres, 27 de marzo, da proxección do documental ‘A Costa e os castelos’, unha peza audiovis...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.