CARTEL-ZAS-O-Concello-de-Zas-presentara-este-sabado-a-sua-nova-paxina-web-municipal-scaled

O Concello de Zas presentará este sábado a súa nova páxina web municipal

O Concello de Zas presentará este sábado, 17 de xaneiro, a súa nova páxina web municipal, que pasará a estar dispoñible no dominio concellodezas.gal. Trátase dun novo espazo dixital máis accesible, intuitivo, visual e cómodo para a navegación, pensado para mellorar a comunicación coa veciñanza e facilitar o acceso á información municipal.

A nova web recollerá todos os contidos e servizos de interese para a cidadanía, con apartados específicos de Turismo, Novas e actualidade, Axenda de eventos, Sede Electrónica e Tablón de Anuncios, entre outros, ofrecendo unha estrutura clara e adaptada ás necesidades actuais.

O acto de presentación terá lugar o sábado 17 de xaneiro, a partir das 12:00 horas, nas Torres do Allo, e contará coa intervención do alcalde de Zas, Manuel Muíño, da responsable da empresa Medialeva, Gema Lema, e do responsable de WP Nordés, Diego Alonso, empresas encargadas do desenvolvemento do proxecto.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destacou que “esta nova páxina web supón un paso máis na modernización do Concello e na nosa aposta por achegar a administración local á cidadanía, facilitando o acceso á información e aos servizos municipais dun xeito sinxelo e eficaz”.

Conferencia sobre a intelixencia artificial e nova canle de WhatsApp

Ademais, no marco desta xornada celebrarase a conferencia titulada ‘A Intelixencia Artificial na vida das persoas’, que será impartida polos profesores do IES Maximino Romero, Óscar Manuel Rey e Fina Paulos, achegando unha reflexión divulgativa sobre o impacto desta tecnoloxía no día a día da cidadanía.

Durante a presentación tamén se avanzarán detalles sobre a nova canle de WhatsApp do Concello de Zas, unha ferramenta que substituirá ás actuais listas de difusión e que permitirá unha comunicación máis directa, áxil e ordenada coa veciñanza.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 May, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 April, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.