Mostra_teatro_afeccionado_labarta_pose_concello_zas

O Concello de Zas pon en marcha a IV Mostra de Teatro Afeccionado con 3.500 euros en premios

  • As compañías e grupos participantes poderán anotarse do certame ata o 20 de febreiro
  • As representacións das cinco obras finalistas serán os días 23 e 30 de marzo, 6, 17 e 27 de abril distribuídas nos auditorios de Baio e de Zas

Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, organiza a Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” coa que pretende fomentar a cultura nas artes escénicas e, en particular, no eido afeccionado e na que poden participar todas as compañías/grupos de teatro afeccionado de Galicia. Unha vez publicadas as bases da mostra no BOP – Boletín Oficial da Provincia – queda aberto o prazo de inscrición que se prolongará até o 20 de febreiro.

Os participantes deberán enviar un vídeo en formato DVD/CD do espectáculo completo (lápis de memoria, ligazón web,…) ademais da documentación que se require en ditas bases. Poderán presentar tantas obras como o desexen das cales só unha poderá ser finalista que será seleccionada por un xurado composto por membros do Concello de Zas e do grupo de Teatro Badius. Os cinco espectáculos finalistas reprensentaranse os días 23 e 30 de marzo, 6, 13 e 27 de abril distribuídos entre o Auditorio de Baio e o de Zas. A entrega  de premios terá lugar o domingo 9 de xuño.

Premios

Unha das principais novidades deste ano son os premios, xa que ademais de ampliarse a súa cuantía haberá unha nova distribución dos mesmos. En total, repartiranse 3.500 euros da seguinte forma:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 500€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 400€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo

Os/as interesados/as en participar poden consultar as bases que atoparás ao final desta nova ou contactar coa organización no enderezo electrónico mostrateatrozas@gmail.com.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 September, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.