FOTO-ZAS-O-Concello-de-Zas-orzamenta-30.000-euros-en-becas-propias-liderando-o-investimento-por-habitante-na-Costa-da-Morte-scaled

O Concello de Zas orzamenta 30.000 euros en becas propias, liderando o investimento por habitante na Costa da Morte

O Concello de Zas continúa desenvolvendo as súas políticas municipais de apoio ás familias e ao estudantado a través do programa de becas propias, unha iniciativa consolidada que ten como obxectivo favorecer a igualdade de oportunidades e contribuír aos gastos derivados da educación en todas as etapas formativas.

A comisión avaliadora das becas propias do Concello de Zas celebrou xa a súa correspondente reunión e acordou a concesión das axudas, que serán ingresadas directamente nas contas das persoas beneficiarias nos vindeiros días, conforme ao procedemento establecido polo Concello, facilitando así que o apoio económico chegue no momento no que máis se precisa.

Neste ano, o Concello de Zas destina un total de 29.100 euros, dos 30.000 orzamentados, repartidos entre 180 becas, consolidándose como o concello da Costa da Morte que máis fondos inviste por habitante neste tipo de axudas. Cunha poboación actual de 4.199 habitantes, o investimento municipal supera os 6,9 euros por veciño, reforzando unha política clara de apoio á educación, á cultura e aos servizos sociais.

Do total das becas concedidas, 15 corresponden a estudos universitarios, cun importe de 360 euros cada unha; 31 a bacharelato e ciclos superiores, de 180 euros; 68 a alumnado de ESO e ciclos medios, de 150 euros; e 66 a educación primaria, cunha axuda de 120 euros.

Zas sitúase tamén entre os primeiros concellos en facer efectivas estas becas, unha decisión que facilita a conciliación económica das familias e garante que o apoio chegue cando resulta máis necesario.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destacou que “este esforzo económico amosa unha vez máis que a educación é unha prioridade absoluta para este goberno municipal. Apostar polas becas é apostar pola igualdade de oportunidades e por aliviar a carga económica das familias, sen deixar a ninguén atrás”.

Muíño subliñou tamén que “somos un concello pequeno, pero cunha xestión responsable que nos permite investir nas persoas e no futuro, mantendo ao mesmo tempo uns dos impostos máis baixos da comarca”, e engadiu que “queremos que o apoio chegue cando realmente fai falta, por iso somos dos primeiros en facer efectivas estas axudas”.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 June, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 June, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 June, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 June, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 June, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 June, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...