roteiro-vida-segreda-rio

O Concello de Zas convida a descubrir “A vida segreda do río” no paseo fluvial de Baio e na Carballeira municipal

Esta actividade guiada realizarase todos os martes e xoves con saída ás 12:00 horas dende a Praza Jorge Mira Pérez

O Concello de Zas pon en marcha este verán o roteiro “A vida segreda do río”, unha actividade guiada polo paseo fluvial de Baio ata a Carballeira municipal co que se pretende achegar a veciñanza e visitante á rica biodiversidade do río Porto e ao patrimonio natural da contorna.

A través desta iniciativa, as persoas participantes poderán coñecer as especies autóctonas que habitan nas ribeiras, as árbores e plantas características deste ecosistema e a importancia da súa conservación.

O roteiro terá lugar todos os martes e xoves ás 12:00 horas, cunha duración aproximada de 60 minutos. O punto de encontro será a Praza Jorge Mira Pérez. A inscrición é obrigatoria e debe realizarse indicando o día no que se quere participar a través do formulario https://bit.ly/ PaseoFluvial25 ou, en caso de dúbida, tamén se pode chamar ao teléfono 981 71 80 56.

“Con esta actividade, o Concello de Zas reafirma o seu compromiso coa educación ambiental e coa posta en valor dos espazos naturais do municipio, ofrecendo alternativas de lecer sostible e de calidade durante os meses de verán, o mesmo tempo que pon en valor un dos espazos naturais mellor conservados da Costa da Morte”, sinala o Alcalde, Manuel Muíño.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 June, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 June, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 June, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 June, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 June, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 June, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...