revista_ELAS_CIM_Zas

O CIM de Zas publica unha revista feminista coa colaboración do alumando do noso municipio

ELAS é o nome da publicación que se pode descargar na páxina web do Concello de Zas 
 

 

Coincidindo coas diferentes actividades organizadas ao redor do 8M, o Centro de Información á Muller de Zas vén de publicar – coa colaboración do alumnado do CPI de Zas, do CEIP Labarta Pose e do IES Maximino Romero de Lema – o primeiro número da revista feminista dixital ELAS. Esta é unha actividade promovida polo Concello de Zas a través da súa Concellerías de Muller, Xuventude e Igualdade dirixida por Patricia Fariña. 

ELAS xorde co propósito de visibilizar o papel das mulleres en diferentes ámbitos e ofrecer así referentes femininos nas aulas. Precisamente esta é unha das principais reivindicacións da coeducación; unha corrente educativa que ten como obxectivo promover unha educación libre de estereotipos de xénero. Desta forma, na revista podemos atopar varios artigos nos que a muller é a protagonista. Carta a miña avoa, Rebeca do Club Deportivo Baio, Isabel Zendal, o programa Libres e Diversxs ou feminismo nas aulas son algúns dos temas que se tratan en ELAS.

Esta é unha revista dixital interactiva que se pode consultar a través dun dispositivo móbil ou dun ordenador. Ademáis, no CIM de Zas e nas dúas bibliotecas municipais estarán a disposición de todas e todos os usuarios un exemplar físico para a súa consulta. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

30 July, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.