campana_trampeo_vespa_velutina_Concello_Zas

Capturadas máis de 2.800 raíñas de vespa velutina en menos de dous meses

Na campaña de trampeo, que se estenderá ata finais de mes, colaboran 132 veciños e veciñas de todo o municipio

No segundo reconto da campaña anual de trampeo da vespa velutina impulsada polo Concello de Zas contabilizáronse un total de 1.621 raíñas de vespa velutina que, sumadas ás 1.209 do primeiro reconto, fan un total de 2.830 capturas.

Na campaña, que se estenderá ata finais deste mes e que está xestionada pola empresa Plaguiber, colaboran 132 veciños e veciñas das diferentes parroquias que forman o noso municipio e aos que no pasado mes de marzo se lles entregou as trampas xuntos co seu correspondente líquido atraínte. Grazas á colaboración da veciñanza instaláronse xa 235 trampas ás que hai que sumarlle outras 80 trampas que están colocadas en diferentes lugares públicos e altamente sensibles a esta praga como os paseos fluvias, os xardíns das Torres do Allo, as zonas próximas aos centros de saúde e dos centros educativos,… 

Aínda que este é un problema que afecta a toda Galicia, este é o quinto ano que o Concello de Zas destina unha parte dos seus recursos económicos a loitar contra a praga da vespa velutina. Ao igual que nos anos anteriores, a campaña de trampeo púxose en marcha no momento no que as raíñas comezan a despertar do seu letargo invernal e que comezan a facer os primeiros niños. Tal e como explican dende Plaguiber, “a captura de 2.830 raíñas evita a formación doutros tantos niños”. 

Todas aquelas persoas que localicen un niño primario deben de comunicalo no número de teléfono 012 da Xunta de Galicia para a súa retirada. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.