Zas-ProxectoRios-14xuño

A Carballeira de Baio acolle o 14 de xuño unha xornada de portas sobre o programa de voluntariado ambiental “Proxecto ríos. Súmate á corrente!”

A xornada, organizada por ADEGA e o Concello de Zas, será de 10:30 a 13:30 horas

O vindeiro 14 de xuño, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza – ADEGA -, en colaboración co Concello de Zas, presenta na Carballeira de Baio un dos seus programas de voluntariado ambiental máis emblemáticos: o “Proxecto Ríos”. 

A xornada comeza ás 10:30 horas coa recepción das persoas asistentes na Praza Jorge Mira Pérez. A continuación, membros de ADEGA presentarán o “Proxecto Ríos. Súmate á corrente!” xunto coas actividades que se enmarcan neste programa. Este encontro de portas abertas continuará cunha visita ao Río Grande, ao seu paso pola Carballeira de Baio, co fin de inspeccionar a calidade das augas e o estado de conservación da súa ribeira. O espazo foi escollido pola súa biodiversidade, bo estado de conservación e pola súa accesibilidade sendo un dos lugares máis relevantes da Costa da Morte. Ademáis, a Carballeira Municipal de Baio está integrada no catálogo de Formacións Senlleiras.

O Proxecto Ríos, ao que se sumou o Goberno Municipal preocupado pola conservación dos nosos espazos naturais, seguirá desenvolvéndose ao longo do ano con análises periódicas da calidade das augas.

Para participar nestas xornadas, que é totalmente gratuíto, é necesario anotarse previamente a través do seguinte formulario: https://forms.gle/2yxNzu4PZ9wGpRHUA

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

30 July, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.