Peche_campana_trampeo_vespa_velutina_concello_zas1

A campaña anual de trampeo da vespa velutina remata con máis de 9.700 capturas en tres meses

  • Grazas á colaboración da veciñanza e dos apicultores incrementouse considerablemente o número de trampas e, polo tanto, o número vespas asiáticas capturadas
  • Un total de 133 persoas – veciños/as e apicultores –  colaboraron na campaña coa instalación de trampas e coa renovación dos máis de 330 litros de líquido atraínte que se lles proporcionou de  balde dende o Concello 

 

 

A campaña anual de trampeo da vespa velutina impulsada polo Concello de Zas vén de pecharse cun total de 9.783 capturas en tres meses. As accións centráronse nos meses de marzo, abril e maio; momento no que as raíñas comezan a súa actividade despois do letargo invernal e que é crucial para evitar a formación dos niños primarios. Durante este tempo instaláronse un total de 357 trampas e repartíronse más de 330 litros de líquido atraínte entre os 133 veciños e veciñas que colaboraron na campaña xunto cos apicultores. Tanto as trampas como o líquido atraínte proprocionouselles dende o Concello de forma gratuíta.

As trampas colocáronse naquelas zonas estratéxicas do noso municipio e todas estaban xeolocalizadas co fin de coñecer as áreas de maior incidencia de cara a futuras accións. Cada quince días renovouse o seu líquido e fíxose reconto das capturas realizadas. 

Os datos da campaña reflicten a magnitude do problema e, aínda que se prevé que haxa unha reducción considerable, nas vindeiras semanas comezarán a aparecer os niños secundarios. O 012 é o número de teléfono da Xunta de Galicia ao que deberá chamarse no caso de localizar un niño. 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, agradece a implicación da veciñanza para loitar contra a expansión da vespa asiática e recorda que este é o cuarto ano consecutivo que o Concello de Zas pon en marcha con fondos propios unha campaña de trampeo para facerlle fronte a unha praga que afecta a toda a comunidade.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 August, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 August, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 August, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 August, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 July, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.