Expo Jorge Vilas web

O Centro Sociocultural de Baio retoma a súa programación expositiva cunha mostra fotográfica de Jorge Vilas

O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fotográfica do autor Jorge Vilas Souto, que leva por título ‘Entre a auga e o ar’.

A inauguración terá lugar este venres, 2 de outubro, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural de Baio. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 13 de novembro.

As persoas interesadas poderán visitar a mostra de martes a venres, de 15:30 a 20:30 horas, e os sábados, de 10:00 a 14:00 horas.

Fotografía ligada ao patrimonio natural e etnográfico de Galicia

Jorge Vilas Souto é afeccionado á fotografía desde o ano 2008 e desenvolveu ao longo destes anos un traballo estreitamente vinculado ao patrimonio natural e etnográfico de Galicia.

A súa obra abrangue diferentes ámbitos, desde a fotografía de paisaxe, con especial atención a fervenzas e muíños, ata a fotografía macro de odonatos e bolboretas, así como a fotografía de aves.

 Dentro destas disciplinas, destaca especialmente o seu interese pola fotografía dos odonatos, libélulas e cabaliños do demo, e polo estudo da súa bioloxía, unha temática á que ten dedicado boa parte do seu traballo.

Unha parte importante deste labor fotográfico pode consultarse nos seus blogues Galicia al Natural e Galicia Nature, nos que recolle boa parte das imaxes e do traballo desenvolvido ao longo dos últimos anos.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 September, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 September, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 September, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 September, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 September, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 September, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.