CARTEL ZAS O Concello de Zas impulsa campamentos de Semana Santa de balde para favorecer a conciliación familiar

O Concello de Zas impulsa campamentos de Semana Santa de balde para favorecer a conciliación familiar

O Concello de Zas pon en marcha unha nova edición dos seus campamentos de Semana Santa, unha iniciativa pensada para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período non lectivo. A proposta desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril nos Centros Socioculturais de Zas e Baio, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, ofrecendo un espazo educativo e lúdico no que as crianzas poderán gozar de distintas actividades adaptadas ás súas idades.

O Concello de Zas destaca especialmente que estes campamentos son completamente de balde, reafirmando así o seu compromiso co benestar das familias e coa igualdade de oportunidades. Trátase dunha medida que busca facilitar o acceso a este tipo de servizos a todas as familias, especialmente aquelas con menos recursos, sendo ademais un dos poucos concellos da Costa da Morte que ofrece este tipo de programas sen custo para a cidadanía.

As inscricións poderanse realizar nos centros socioculturais municipais nos seus horarios habituais: no Centro Sociocultural de Zas, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas; e no Centro Sociocultural de Baio, de martes a venres de 13:30 a 20:30 horas, ambas a través dos correspondentes números de teléfono, no 981 751 398 e no 981 718 056.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, subliña a importancia desta iniciativa: “Desde o Concello seguimos apostando por políticas útiles que dean resposta ás necesidades reais das nosas veciñas e veciños. Estes campamentos non só axudan á conciliación, senón que tamén garanten que todas as familias, independentemente da súa situación económica, poidan acceder a un servizo de calidade. É fundamental que a administración local estea ao lado da xente, e este é un claro exemplo dese compromiso”.

Muíño engade que “o feito de que sexan completamente de balde non é casual, senón unha decisión firme deste goberno municipal para apoiar ás familias e fomentar a igualdade de oportunidades desde a infancia”.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 March, 2026
O Concello de Zas presenta a programación do ciclo cultural ‘Mulleres e Territorio’, reafirmando o seu papel como referente cultur...
15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.