FOTO-ZAS-Zas-recolleu-mais-de-57-toneladas-de-vidro-en-2025-e-lanza-esta-semana-unha-nova-campana-na-hostaleria-scaled

Zas recolleu máis de 57 toneladas de vidro en 2025 e lanza esta semana unha nova campaña na hostalería

O Concello de Zas pon en marcha esta semana unha campaña integral de recollida e reciclaxe de envases de vidro dirixida ao sector da hostalería, coa colaboración de Ecovidrio. A iniciativa busca fomentar a recollida selectiva e os hábitos responsables entre os locais hostaleiros, contribuíndo á sustentabilidade do municipio e á economía circular.

Durante o ano 2025, o Concello de Zas recolleu un total de 57.970 quilos de envases de vidro procedentes de todo o municipio, unha cifra que reflicte o avance das políticas municipais en xestión de residuos e sensibilización ambiental. Estes datos serven como referencia para a nova campaña, que pretende incrementar aínda máis a reciclaxe e implicar de forma activa á hostalería local, responsable dun volume significativo de envases dun só uso.

A campaña desenvolverase mediante visitas personalizadas aos establecementos hostaleiros, onde un equipo de educadores ambientais realizará enquisas e ofrecerá información sobre as prácticas correctas de reciclaxe e as vantaxes sociais, económicas e medioambientais de depositar o vidro nos colectores adecuados.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, sinala que “esta campaña na hostalaría é unha mostra do compromiso do Concello coa sustentabilidade e coa correcta xestión dos residuos. Os máis de 57.000 quilos de vidro recollidos en 2025 demostran que imos polo bo camiño, pero é fundamental seguir traballando da man de sectores como a hostalería para mellorar aínda máis estes resultados”.

Cómpre lembrar que o vidro depositado nos colectores recíclase ao 100 % e pode reutilizarse de forma indefinida sen perder as súas propiedades, contribuíndo ao desenvolvemento sostible, á transición cara á economía circular e ao cumprimento da Axenda 2030 e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 May, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 April, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.