Cantareiras tradicion legado1

Unha emotiva homenaxe ás cantareiras e á poesía popular pechou o ciclo literario e cultural “Follas de Outono”

Fina Casalderrey, as pandereterias da Asociación Cultural Adro e as veciñas de Pudenza, Clarisa Santos e Matilde Ferreiro, foron as convidadas do acto que tivo lugar no Auditorio de Baio e que conduciron Patricia Blcando e Álex Ínsua

O Auditorio de Baio acolleu á tarde o acto central e de clausura do ciclo literario e cultural “Follas de Outono”, unha cita que nesta ocasión puxo o foco na tradición musical galega baixo o título “Cantareiras: tradición e legado”. A música tradicional reuniu a unha gran cantidade público que quixo sumarse a esta homenaxe ás cantareiras e á poesía popular.

A xornada, conducida por Patricia Blanco e Álex Ínsua, comezou pasadas as 18:00 horas coa benvida de Tania Carreira, técnica do Concello de Zas, quen destacou a relevancia de continuar promovendo espazos que dean valor á cultura e á tradición oral galega.

Entre as protagonistas da tarde estivo Fina Casalderrey, membro numeraria da Real Academia Galega, que compartiu co público unha completa reflexión sobre o valor da poesía popular e numerosas anécdotas vencelladas a ela. A escritora incluso se animou a recitar algunhas coplas tradicionais, provocando sorrisos e aplausos entre as persoas asistentes.

O evento contou tamén coa participación das diferentes xeracións de pandereteiras da Asociación Cultural Adro, que interpretaron varias pezas e relataron as súas experiencias no eido da música tradicional: os seus inicios, os premios obtidos, así como colaboracións con artistas de renome como Amancio Prada ou Caamaño & Ameixeiras.

Como convidadas especiais estiveron Clarisa Santos e Matilde Ferreiro, dúas veciñas de Pudenza que gardan na memoria un rico repertorio de cancións galegas populares, achegaron a súa voz e sabedoría, converténdose nun dos momentos máis emocionantes do acto.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, foi o encargado de pechar o acto destacando o valor das nosas cantigas e da nosa lingua.

Coa celebración deste encontro, o ciclo “Follas de Outono” pecha a súa edición consolidándose como unha programación de referencia para a posta en valor da cultura, a tradición oral e a música galega. Este ciclo converteu ao Concello de Zas, e en concreto Baio, no centro cultural da Costa da Morte.

Libro de Honra

Antes de que comezase o acto, o Alcalde recibiu a Fina Casalderrey na Casa do Concello de Zas onde tivo a ocasión de coñecer o noso municipio máis polo miúdo e de asinar no Libro de Honra. Casalderrey tamén visitou o monumento adicado a Enrique Labarta Pose así como a exposición que recolle unha boa parte da súa obra e legado.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 May, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 April, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.