whatsapp

O Concello de Zas abre unha nova canle de información a través da aplicación de Whatsapp

Os/as veciños/as que o soliciten recibirán información sobre diferentes novas de carácter municipal 
 

 

O Concello de Zas vén de abrir unha nova canle de comunicación para a veciñanza a través da aplicación móbil Whatsapp; un dos servizos de mensaxería instantánea máis usados entre os dispositivos móbiles. Conectados contigo é unha iniciativa que xurde do Departamento de Cultura e que ten como obxectivo difundir ao instante información de interese municipal entre os/as veciños/as suscritos facendo que a relación sexa máis próxima e máis áxil. 

Para sumarse a esta iniciativa, aqueles veciños e veciñas interesadas deben de dar o seu consentimento expreso realizando os seguintes pasos:

  1. Engadir nos teus contactos do teléfono o número 663 776 504. Este paso é imprescindible para poder recibir as notificacións
  2. Enviar un whatsapp coa mensaxe ALTA xunto co teu NOME E APELIDOS
  3. Tamén se pode dar de alta enviando un correo electrónico ao enderezo adrian.lopez@concellodezas.org coa mensaxe ALTA xunto co NOME E APELIDOS
  4. Ou se o prefires podes chamar a calquera dos Centros Socioculturais do noso municipio para solicitar o servizo (981 751 398 ou 981 718 056)

No caso de que o/a usuario/a quixera darse de baixa no servizo deberá enviar un WhatsApp indicando BAIXA xunto co NOME E APELIDOS.

A aplicación de Whatsapp está dispoñible de balde en todas as plataformas Android e iOS. No caso de que algún veciño ou veciña teña dúbidas coa súa instalación pode achegarse a calquera dos Centros Socioculturais municipais para resolvelas.

Como funciona Conectados Contigo?

As mensaxes informativas faranse a través de difusións, é dicir, serán mensaxes de sentido único enviadas polo Concello e non grupos nos que interactúen os seus membros. En ningún caso se responderán dúbidas, queixas ou consultas xa que para iso seguiranse empregando as canles habituais do Concello. 

O Concello enviará as comunicacións de luns a domingo entre as 09:00 e as 22:00 horas, respectando así as horas de descanso. 

Normas de uso:

  • Informarase sobre novas e asuntos de especial interese para os cidadáns, eventos e información municipal de interese xeral
  • As mensaxes informativas faranse a través de difusións, é dicir, serán mensaxes específicas e de sentido único enviadas polo Concello e non grupos onde interactúen os seus membros. 
  • En ningún caso se responderán dúbidas, queixas ou consultas, para iso existen as canles habituais do Concello. Só se emitirán mensaxes predefinidas que confirmen o rexistro e a cancelación do servizo ou indicacións a onde debería dirixirse para atopar respostas. 
  • Non está permitido engadir o contacto “Concello”; en grupos.
  • Os usuarios non poderán enviar mensaxes inadecuadas ao servizo de información a través de WhatsApp do Concello, este tipo de mensaxes considerarase como un uso indebido do servizo e isto suporá a retirada deste a ese contacto e o seu bloqueo se fose necesario. 
  • Todas as persoas usuarias poden solicitar a baixa no servizo en calquera momento enviando BAIXA máis o seu NOME E APELIDOS. 
  • O Concello Zas pode enviar comunicacións de 9:00 a 22:00 de luns a domingo, para respectar o horario de descanso dos cidadáns. 
  • Esta normativa será pública e amosarase na páxina web oficial do Concello
    www.concellodezas.org

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.