Zas_pola_igualdade

O Concello de Zas súmase á conmemoración do Día Internacional da Muller cun programa de actividades para toda a familia

“Zas pola Igualdade” é o nome baixo o que se agrupan unha curtametraxe, unha obra de teatro e dúas sesións de contacontos infantís nos que se tratarán diferentes temas de actualidade
 

 

Con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora o vindeiro 8 de marzo, o Concello de Zas vén de dar a coñecer o programa de actividades dirixido a toda a familia que leva por título “Zas pola Igualdade” e que se desenvolverán ao longo de todo o mes de marzo. A finalidade desta programación é implicar a toda a veciñanza fronte á discriminación de xénero. Así o descata Patricia Fariña, Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude do Concello de Zas. 

O programa comeza o 14 de marzo coa proxección da curtametraxe “As tres caídas de María Santiso” que terá lugar ás 19:00 horas no Auditorio do Concello. A familia, o rural, o fogar e a muller son os temas principais deste traballo protagonizado por Lucía Veiga e que se estreou na 41 Semana de Cine de Lugo onde acadou o Premio do Público á Mellor Película Galega. Esta é unha curtametraxe dirixida a todos os públicos e que nos fará reflexionar sobre o pasado, o presente e o futuro da sociedade rural galega. 

“A compañeira de piso”, da compañía Contraproduccións, é a seguinte actividade incluída dentro do programa “Zas pola igualdade” que terá lugar o sábado 20 de marzo no Auditorio Municipal de Baio ás 21:00 horas. Esta é unha obra de teatro dirixida a todos os públicos e na que se tratan os temas da idade, a muller e a identidade. 

O público familiar será o principal destinatario das sesións de contacontos infantil que terán lugar o 23 de marzo, na Biblioteca Municipal de Zas, e o 30 de marzo, na Axencia de Lectura de Baio. Nos dous casos, as sesións comezan ás 18:00 horas e baixo o título “Planeta LGTB” abordarase dun xeito fresco e divertidos temas como a diversidade e os estereotipos culturais.

Concentracións 8M

Por outra parte, o goberno municipal de Zas apoia as diferentes actividades organizadas polo movemento Galegas 8M Costa da Morte-Bergantiños para a vindeira fin de semana e anima a todos os veciños e veciñas a participar nas diferentes concentracións que terán lugar en distintos puntos da comarca. Estas son algunhas das convocatorias: 

  • Sábado, 7 de marzo ás 12:00 horas en Carnota: Cadea humana de mulleres na praia de Carnota
  • Sábado, 7 de marzo ás 20:30 horas en Vimianzo: Concentración festiva coa batukada das Curandeiras
  • Domingo, 8 de marzo ás 12:00 en Cee: Manifestación unitaria Costa da Morte – Bergantiños co lema “Sen coidados non hai vida”
  • Domingo, 8 de marzo, ás 19:00 horas en Carballo: Manifestación dende os xulgados

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 May, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 May, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 May, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 May, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 May, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 May, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.