piscina_municipal_zas

O Concello de Zas publica as bases de selección de persoal para as dúas piscinas municipais

  • Seleccionaranse 2 socorristas e 4 operarios/as para o mantemento, limpeza e vixilancia
  • Os/as seleccionados/as desempeñarán as súas funcións nas piscinas de Baio e de Zas

 

Co inicio do verán ás portas, o Concello de Zas vén de publicar as bases para a contratación temporal de seis persoas de distintos perfís que desempeñarán as súas funcións nas piscinas municipais de Zas e de Baio.

Unha das bases é para a contratación temporal de dous socorristas acuáticos para as piscinas municipais de Zas e de Baio. As tarefas que desempeñarán serán as propias de seguridade, prevención e salvamento acuático ademais doutras funcións relacionadas con este posto de traballo.

As persoas interesadas poderán consultar as bases desta oferta de emprego no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na sede electrónica do Concello de Zas a través do seguinte enlace: https://sede.concellodezas.org/opencms/gl/informacion/tablon/Noticia_Personal_191.html

Os/as interesados/as en participar no proceso de selección teñen un prazo de catro días hábiles, que comezaron a contar hoxe,  xoves 20 de xuño, para presentar as súas instancias nas dependencias administrativas do Concello de Zas ou a través de calquera dos sistemas previstos no art.o 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas. A selección realizarase mediante o procedemento de concurso. Os/as aspirantes seleccionados/as serán contratados por obra ou servizo e a xornada completa durante os meses de xullo e agosto, coa posibilidade de ampliación ata o 15 de setembro en función da climatoloxía.

Operarios de mantemento, limpeza e vixilancia

Por outra parte, o Concello de Zas tamén acaba de publicar as bases para a contratación de 4 prazas de operarios para o mantemento, limpeza e vixilancia das piscinas municipais de Zas e Baio. As persoas seleccionadas contrataranse durante os meses de xullo e agosto (con posibilidade de ampliarse ata o 15 de setembro en función da climatoloxía) cun contrato baixo a modalidade de obra ou servizo durante e de 20 horas semanais.

Os/as interesados/as en participar teñen un prazo de catro días hábiles a contar a partir de hoxe, xoves, para presentar as súas instancias nas dependencias administrativas do Concello de Zas ou a través de calquera dos sistemas previstos no art.o 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas. A selección realizarase mediante o procedemento de concurso-oposición.

Ao igual que na convocatoria anterior, as bases desta oferta de emprego pódense consulta no no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na sede electrónica do Concello de Zas a través do seguinte enlace: https://sede.concellodezas.org/opencms/gl/informacion/tablon/Noticia_Personal_192.html

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 September, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.