automobil_zas

O Concello de Zas repasa a historia do municipio entre os anos 1900 e 1931 cunha nova entrega de “Zas polo miúdo”

A información, baseada nas actas municipais, recolle curiosidades da época como a chegada dos primeiros automóbiles ou o estudo para a construción do “Ferrocarril dos Tres Ces”

Baseada nas actas municipais, xa se pode consultar na web oficial do Concello de Zas a segunda parte da historia do municipio que comprende entre os anos 1900 e 1931. Ao igual que nas anteriores ocasións, Evaristo Domínguez Rial e Xosé María Lema encargáronse de recompilar a información e agrupala baixo o programa  “Zas polo miúdo”.

A segunda entrega da Historia de Zas está formada por feitos importantes, curiosidades e anécdotas que se recolleron nas distintas actas municipais que ainda se conservan. Preitos, a creación dunha comisión para determinar os camiños máis necesitados de arranxos, a chegada dos primeiros automóbiles e camións, o estudo do ferrocarril entre A Coruña-Carballo-Corcubión ou tamén chamado “Ferrocarril dos Tres Ces” reclamado por empresarios e personalidades de toda a Costa da Morte, a entrada de abonos químicos e da maquinaria agrícola, un incendio que arrasou unha boa parte do lugar de Pazos (na parroquia de Vilar), unha grave epidemia de gripe que provocou 215 mortes, a inestabilidade que trouxo a ditadura de Primo de Rivera con cinco alcaldes diferentes en sete anos, o 1º derbi futbolístico entre o Zas F.C. e o Soneira C.F. de Baio ou a morte de Enrique Labarta Pose son algúns dos fitos que se repasan nesta nova entrega que se pode consultar a través do seguinte enlace: http://bit.ly/HistoriaZas2Parte.

No apartado de “Zas polo miúdo” da páxina web do Concello de Zas atópase toda a información que se creou ao longo dos meses pasados dividida por cada unha das 16 parroquias do municipio. Desta forma, o Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, pretende divulgar a historia e outros datos de interese (demografía, toponimia,…) do municipio e poñelos así ao alcance da veciñanza.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 September, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.