2coordinador_socorrismo_concellozas

Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático

Tal e como estaba previsto no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local a  Deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Actividade Física e Deportiva que inclúe ó acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3:

 

AFDP0211 COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS (RD 1076/2012, de 13 de julio) de 660 horas de duración, e 15 prazas.

 

A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia na cidade da Coruña, e, a data de inicio, prevista para a última quincena de novembro, será comunicada ao longo do proceso de selección e unha vez se obteña a confirmación e autorización de inicio por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

xornada formativa obrigatoria a desenvolver en horario de mañá, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

 

Está dirixido a menores de 30 anos e desempregaos da provincia da Coruña, que estean inscritas no ficheiro nacional de Garantía Xove e que ademáis cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter cumpridos os 16 anos de idade
  • Estar empadroado/a nalgun dos concellos da provincia da Coruña
  • Accesp a requisitos inscrición en Garantía xuvenil
  • Estar en posesión do título de bacharelato, ou ben certificado de profesionalidade nivel 3 , ou ver certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional: Actividades físicas e deportivas, área de prevención e recuperación; ou ben cumprir co requisito académico de acceso a ciclos formativos de grado superior ou ter superadas as probas de acceso reguladas polas administración educativas: ou ben ter superado a proba de acceso á Universidade para maior de 25 anos,; ou ben ter os coñecementos formativos  e/ ou profesionais suficientes que permitan participar con aproveitamente nesta formación. 

Os veciños e veciñas do Concello de Zas interesadas en participar poden inscribirse na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas (Isabel), no tel. 981708303.

O prazo de inscición para os empadronados no Concello de Zas, finaliza o 13 de novembro.

No caso de que haxa máis incritos que prazas realizarase un proceso de selección.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 April, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 March, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.