OBRADOIROS DE SEMANA SANTA 2018

Os Centros Socioculturais de Zas e de Baio acollen varios obradoiros infantís

As actividades, organizadas polo Concello de Zas, terán lugar os días 26, 27 e 28 de marzo e diríxense a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos

Un ano máis, o Concello de Zas pon en marcha os Obradoiros Infantís co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións da Semana Santa entre todos os veciños e veciñas do noso municipio.

Así os días 26, 27 e 28 de marzo desenvolveranse nos Centros Socioculturais de Zas e de Baio varios talleres nos que se traballarán a creatividade dos máis pequenos a través de diferentes manualidades, xogos, música, contos,… Os obradoiros realizaranse, en ambos casos, de 11 a 13 horas e están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Para participar é necesario inscribirse previamente ben en cada un dos Centros Socioculturais ou ben chamando aos números de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056. O último día para anotarse é este venres, 23 de marzo.

Torres do Allo

E outro dos puntos do municipio no que ferverá a actividade durante esta Semana Santa será as Torres do Allo. Ademais de ampliarse o seu horario de apertura durante estes días, o Concello de Zas encargarase de dinamizar distintas actividades neste referente turístico da Costa da Morte que xirarán ao redor dunha inédita exposición sobre o “Traxe Tradicional da Costa da Morte”  con pezas orixinais do século pasado, fotografías antigas, e outro material recollido e conservado pola distintas asociacións culturais do noso municipio que levan anos conservando as nosas tradicións. Esta programación especial de Semana Santa arranca xa este venres, ás 20:00 horas, coa inauguración desta mostra.

Ademais desta mostra, haberá obradoiros sobre a vestimenta tradicional e, como non, as visitas teatralizadas, as visitas guiadas e o xogo de pistas que gustan tanto aos visitantes do pazo máis antigo de Galicia.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 April, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 March, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.