dia_muller_concello_zas

O Concello de Zas reivindica o Día da Muller

A Concellería de Xuventude e Normalización Lingüística e o CIM de Zas poñen en marcha varias actividades dirixidas a toda a veciñanza

A proxección dun documental, dúas charlas e un escrito son as actividades propostas polo Concello de Zas con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller que terá lugar este xoves, 8 de marzo. Esta campaña reivindicativa, posta en marcha pola Concellería de Xuventude e Normalización Lingüística – encabezada por Patricia Fariña – e o Centro de Información á Muller – CIM – céntrase en actividades dirixidas a toda a veciñanza e, especialmente, aos que serán as mulleres e os homes de mañá.

Así, o salón de actos do IES Maximino Romero de Lema acolle mañá entre as 09:30 e as 11:30 horas unha xornada dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI de Zas e do IES de Baio na que, en primeiro lugar, se proxectará o documental “Matriarcas”, dirixido por Ana Costa (natural de Zas) e a continuará cunha charla-coloquio na que participarán varias profesionais reivindicadoras do traballo da muller. Entre elas estarán Montse Fajardo  – xornalista e escritora de libros como   “Matriarcas”, “Silenciadas” e “Invisibles”, entre outros -; Carmen Valiña – xornalista, doutora en Historia Contemporánea especializada no mundo da Muller, directora do proxecto Periféricas e natural de Baio – e Marisa Amigo – empresaria e presidenta da Asociación Cultural e de Igualdade  “A Pita Cega”.

“A muller traballadora no rural” será o título da charla que terá lugar o xoves, 8 de marzo, ás 18 horas no Centro Sociocultural de Zas que impartirá Inés Pequeño, asesora xurídica do CIM de Zas. A sesión é aberta á toda a veciñanza.

Ademais destas actividades, o CIM de Zas vén de publicar un escrito no que salienta o traballo das mulleres traballadoras no rural – eido no que se encontra o Concello de Zas – e a través do cal critica o longo camiño que queda por percorrer en termos de igualdade entre mulleres e homes dentro de sectores como o agrario. O escrito completo no enlace do final desta nova. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 June, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 June, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 June, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 June, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...