Zas bandeiras media hasta palestina

As bandeiras ondearán a media hasta na fachada da Casa do Concello de Zas mentras non se pare o xenocidio do pobo palestino por parte do goberno de Israel

Con esta medida, o equipo de Goberno Local quere visibilizar a traxedia humanitaria que está a ter lugar en Gaza e que acabou coa vida de máis de 65.000 persoas

As bandeiras da fachada da Casa do Concello de Zas onderán a media hasta mentras non se pare o xenocidio do pobo palestino por parte do goberno de Israel. Así o decidiu o equipo de goberno local, encabezado por Manuel Muíño, co fin de darlle visibilidade á traxedia humana que se está a vivir na Franxa de Gaza que xa deixou máis de 65.000 mortes, entre elas 15.000 menores, e obrigou a desprazarse de forma forzosa a máis de dous millóns de persoas.

Con este mesmo acto simbólico, o Concello de Zas quere  amosar a súa solidaridade co sufrimento do pobo palestino e exixir que o goberno de Israel cese o xenocidio e o crime de lesa hunanidade que esta a perpetrar contra o pobo palestino. O alcalde de Zas, Manuel Muiño Espasandin, manifestou que agarda que os concellos galegos, españois e europeos compartan esta medida e poñan as suas bandeiras a media hasta para que non se esquenza e sempre se lembre cada día o crime que o estado de Israel esta a cometer contra o pobo palestino.

O Concello de Zas demostra así o seu compromiso coa paz, a xustiza e a defensa dos dereitos humanos. 

Tags :
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 May, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 April, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.