Simposio-lino-zas-31-maio-2025

Expertos de primeiro nivel participan este sábado no simposio sobre o aproveitamento socioeconómico do liño que celebramos no Centro Sociocultural de Zas

Este é un evento aberto a toda a veciñanza organizado polo Concello de Zas e o Consello da Cultura Galega en colaboración coa Universidade da Coruña

O Centro Sociocultural de Zas acolle este sábado o simposio “O liño e as iniciativas emprendedoras transformadoras; estratexia para un desenvolvemento sostible na Costa da Morte” no que se reunirán expertos de primeiro nivel en diversas materias.

Este simposio, organizado polo Concello de Zas e o Consello da Cultura Galega en colaboración coa Universidade da Coruña, pretende afondar sobre esta industria textil tradicional tan presente no noso municipio e analizar as diferentes opcións e iniciativas emprendedoras encamiñadas cara súa revitalización dende o punto de vista sostible e innovador.

A xornada, que se desenvolve en horario de mañá, comeza ás 11:00 horas coa presentación do simposio na que participarán Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Ricardo Cao Abad, reitor da Universidade da Coruña; Manuel Muíño Espasandín, Alcalde do Concello de Zas; e Jorge Mira Pérez, membro do plenario do Consello da Cultura Galega.

A continuación, Carmen Cotelo Queijo, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) falará sobre “A Estratexia de Especialización Intelixente en Galicia: a xestión dos recursos naturais e culturais baseados na innovacion”. O seguinte relatorio chegará da man de Francisco Javier Sardina López, catedrático de Química Orgánica da USC, no que disertará sobre “O liño: do pasado remoto a u futurologías brillante”.

Tras unha breve pausa para o café, sobre as 12:30 horas, Nuria Calvo Babío, catedrática da Facultade de Economía da UDC analizará “A importancia do emprendemento transformador no espazo rural galego”. O simposio rematará cunha mesa redonda moderada por Manuel Muíño, alcalde de Zas, na que intervirán Carmen Riveiro, presidenta da Asociación Amigos do Liño; Manuel Escourido Calvo, coordinador do Grao en Xestión Industrial da Moda da UDC; e Braulio Pérez Astray, director adxunto da Fundación Universidade da Coruña. 

Este é un evento aberto a todas as persoas interesadas na materia e á veciñanza en xeral. A entrada é de balde.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 June, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 June, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 June, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 June, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 June, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 June, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...