Esta mañá recibimos no noso municipio a visita de Kip Stephen Thorne; un dos científicos máis relevantes da historia polas súas achegas sobre as ondas gravitacionais e
Premio Nobel de Física en 2017.
O Nobel está estes días na nosa comunidade despois de participar no Conciencia; un programa de divulgación organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago, e dirixido por Jorge Mira Pérez.
Durante a súa visita a Zas estivo acompañado da súa parella e de Jorge Mira. Percorreron algúns dos lugares máis emblemáticos do noso municipo: a ponte romana e as escavacións de Brandomil, así como as vilas de Zas e de Baio. Manuel Muíño, Alcalde de Zas, acompañounos durante parte do seu percorrido.
A Kip Stephen Thorne sorprendeulle a “paz” que transmite a ponte de Brandomil e tamén quedou moi impresionado coa Vía Romana. Durante o seu percorrido chamouselles a súa
atención outro dos elementos etnográficos caraterísticos do noso territorio: os cabazos.
Kip Stephen Thorne súmase á longa lista de Premios Nobel que visitaron o noso municipio.