universidade-senior-concello-zas-2025 (1)

Máis de 60 persoas maiores de 50 anos participan na 7ª edición do programa da Universidade Sénior

Mañá martes, ás 17:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Baio a inauguración da nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade Sénior da Universidade da Coruña e dirixido a persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte. Nesta edición, están matriculadas máis de 60 persoas.
A Universidade Sénior da UDC, co apoio da Xunta de Galicia e en colaboración co GDR “Costa da Morte” e o Concello de Zas, pon en marcha este Programa de Formación Universitaria, que se desenvolverá entre febreiro e marzo no Centro Sociocultural de Baio.
Un total de 66 alumnos e alumnas, procedentes de oito concellos da Costa da Morte, participarán neste ciclo formativo, que será inaugurado o 11 de febreiro coa presenza da Directora da Universidade Sénior e do Alcalde do Concello de Zas.
O programa estrutúrase en tres módulos, con sesións teóricas e prácticas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, dous días á semana. As sesións abordarán diversas temáticas de interese:
MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
  • 11 de febreiro – A Dirección Artística no Cine | Profa. Victoria de León Sanjuán
  • 12 de febreiro – A conduta económica: limitacións do modelo do Homo Economicus | Prof. José López Rodríguez
  • 18 de febreiro – Literaturas do Mundo: unha viaxe á orixe dos libros | Profa. Elena Martín Cancela
MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA
  • 25 de febreiro – (Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión | Prof. Sergio Rodríguez Roiloa
  • 26 de febreiro – ADN Antigo e Evolución Humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes | Profa. Gloria Mª González Fortes
  • 5 de marzo – Descubrindo a Intelixencia Artificial: retos, aplicacións e ferramentas | Prof. Álvaro Michelena Grandío
MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE
  • 11 de marzo – Enfermidades Cardiovasculares e Diabetes | Prof. Luis Saleta Canosa
  • 12 de marzo – O Cambio Climático: causas e consecuencias | Prof. Salvador Fojón Polanco
  • 18 de marzo – Boas Prácticas para o Coidado do Benestar Psicolóxico | Prof. Carlos Freire Rodríguez
Clausura e xornada cultural na Coruña
O programa formativo finalizará cunha xornada de visitas académicas e culturais na Coruña, onde terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas, o 19 de marzo de 2025.
Con este programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos das comarcas da Costa da Morte, coa intención de seguir dando resposta ás súas inquedanzas e necesidades formativas, como vén facendo desde a súa primeira edición no ano 2018.
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.