universidade-senior-concello-zas-2025 (1)

A Universidade Sénior inicia a 7ª edición do Programa de Democratización do Coñemento para as persoas maiores de 50 anos

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, pon en marcha en 2025 a 7ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para adultos maiores da Costa da Morte. Este proxecto conta coa financiación da Xunta de Galicia e a colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte” e o Concello de Zas, e desenvolverase entre febreiro e marzo no Centro Sociocultural de Baio (Zas).
A inscrición, gratuíta, estará aberta do 24 de xaneiro ao 5 de febreiro e poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://universidadesenior.org/costa-da-morte/) ou presencialmente a través dos Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) dos vosos concellos.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días á semana, de 17 a 19 horas, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
  • 11 de febreiro: “A Dirección Artística no Cine”, Profa. Victoria de León Sanjuán
  • 12 de febreiro: “A Xestión do Común: unha visión desde a economía e os cómics”, Prof. Manuel Gómez Suárez
  • 18 de febreiro: “Literaturas do Mundo: unha viaxe á orixe dos libros”, Profa. Elena Martín Cancela
MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA
  • 25 de febreiro: “(Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión”, Prof. Sergio Rodríguez Roiloa
  • 26 de febreiro: “ADN Antigo e Evolución Humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes”, Profa. Gloria Mª González Fortes
  • 5 de marzo: “Descubrindo a Intelixencia Artificial: retos, aplicacións e ferramentas”, Prof. Álvaro Michelena Grandío
MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE
  • 11 de marzo: “Enfermidades Cardiovasculares e Diabetes”, Prof. Luis Saleta Canosa
  • 12 de marzo: “O Cambio Climático: causas e consecuencias”, Prof. Salvador Fojón Polanco
  • 18 de marzo: “Boas Prácticas para o Coidado do Benestar Psicolóxico”, Prof. Carlos Freire Rodríguez
Clausura e xornada cultural na Coruña
O Programa formativo rematará cunha xornada de visitas académicas e culturais na Coruña, onde terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas, o día 19 de marzo de 2025.
Con este programa, a Universidade Sénior reafirma o seu compromiso de achegar a formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos das comarcas da Costa da Morte, ofrecendo resposta ás súas inquedanzas e necesidades formativas desde a súa primeira edición en 2018.
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

5 November, 2026
O Goberno municipal de Zas anuncia a convocatoria de 180 bolsas de axuda ao estudo para o curso 2026/2027. Estas subvencións están...
3 November, 2026
O Concello de Zas resultou beneficiario dunha subvención ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 para a contratación dunha persoa ...
31 October, 2026
O Concello de Zas contará durante o curso 2026-2027 cunha nova edición do programa ‘Os Ratos de Lonxedetodo’, desenvolvido por Tri...
24 October, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.