VIII Carreira Pedestre Concello de Zas

Máis de 800 persoas xa están inscritas na VIII Carreira Pedestre de Zas

As diferentes probas, que se inclúen dentro do Circuito Correndo pola Costa da Morte, comezan ás 16:30 horas

Un total de 831 corredores e corredoras de diferentes categorías xa están inscritas na VIII Carreira Pedestre de Zas que se celebra este sábado, 3 de xuño, e que está organizada polo Concello a través do seu departamento de Deportes. Agora os inscritos terán que confirmar a súa asistencia. 

O lugar de saída e o de chegada estará situado, como vén sendo habitual, na Praza do Concello onde a partir das 15:00 horas abrirán as mesas para a recollida de dorsais. A celebración deste evento deportivo afectará ao tráfico rodado e o Concello de Zas ten preparado un dispositivo formado pola Policía Local e por voluntarios/as de Protección Civil que velarán pola seguridade viaria durante todo o evento. Estas son as estradas que se afectadas polo evento:

  • Rúa Progreso: pechada dende a Praza do Concello ata o cruce con Rúa Nogueira
  • Cortes puntuais: no resto da Rúa Progreso, Rúa Nogueira, na estrada a San Adrián de Castro, Biazana, Artón, Andregalla e na carretera de Santiago o tramo que vai dende a Casa do Concello ata o cruce de Carreira

Dende o Concello agradecemos que a veciñanza siga en todo o momento as indicacións de Protección Civil así como non aparcar na Rúa Progreso ao longo da tarde. 

Probas e horarios

En total haberá seis probas diferentes nas que participarán veciños e veciñas de diferentes idades do noso municipio e de toda a Costa da Morte. Estes son os horarios de saída das diferentes probas: 

  • 16:30 horas: Sub 10
  • 16:45 horas: Sub 12
  • 17:30 horas: 3K Absoluta Contra o Cancro 
  • 17:32 horas: 3K Sub 14, 16 e 18
  • 18:15 horas: 10k Absoluta
  • 19:30 horas: Pitufos

A VII Carreira Pedestre de Zas pechará co acto de entrega de trofeos que terá lugar a partir das 19:45 horas na propia Praza do Concello. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.