vespa-velutina-zas-2023

Capturadas 12.000 vespas velutinas nos dous primeiros meses da campaña de trampeo promovida polo Concello de Zas

Case 200 veciños e veciñas de todas as parroquias colaboran co fin de frear a propagación da praga

 

Nos dous primeiros meses da campaña de trampeo da vespa velutina posta en marcha polo Concello de Zas por sexto ano consecutivo, capturáronse un total de 12.000 vespas de orixe asiática. Unha cifra que dobra a do total da campaña do ano pasado, o cal é unha mostra máis da magnitude desta praga.

Na campaña deste ano, que se prolongará ata finais deste mes, contamos coa colaboración duns 200 veciños e veciñas de todas as parroquias do noso municipio aos que se lle facilitou  a comezos do mes de marzo trampas e líquido atraínte. Ademais colocáronse trampas noutros puntos do concello, como as zonas do centros educativos, paseos fluviais e parques infantís, onde cada quince días se renova o líquido atraínte colocado nas trampas identificadas co logotipo do Concello de Zas. 

Segundo os técnicos de Plaguiber, empresa responsable da campaña, estes meses son claves para a loita contra esta praga xa que cantas máis raíñas se capturen agora menos niños se formarán nos vindeiros meses. Cabe lembrar, que a Xunta de Galicia é a encargada da retirada dos niños polo que os avisos deben de darse no número de teléfono 112. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.