Zas-excursion-programa actividades

Uns 150 veciños e veciñas que participaron no Programa de Actividades do Concello de Zas pecharon o curso cunha visita os Canóns do Sil

Realizaron un paseo en catamaran e desfrutaron dunha comida en Monforte de Lemos

Uns 150 veciños e veciñas do noso municipio que participaron ao longo de todo o ano no Programa de Actividades 2024/2025 organizado polo Concello de Zas pecharon onte o curso cunha visita aos Cañóns do Sil. 

Acompañados do Alcalde, Manuel Muíño; da Concelleira de Educación, Pilar García; e das altas temperaturas, realizaron unha ruta en catamarán atravesando a Ribeira Sacra a traves do seu Canón do Sil. Saíron do embarcadoiro da Deputación de Lugo – Ponte do Sil, no Concello de Monforte de Lemos, para chegar ata a contorna do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Tras a comida en Monforte de Lemos e dun paseo pola vila regresaron a casa nunha comitiva formada por tres autobuses.

O Programa de Actividades do Concello de Zas desenvolvese entre os meses de outubro e maio cunha gran variedade de propostas para todos os públicos e idades: ximnasia, ioga, pilates, cociña, bordado, cesteiría, escola de memoria,… que teñen unha gran acollida entre a veciñanza.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 May, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 April, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.