proteccion_civil_zas

Remata o reparto das máscaras cirúrxicas adquiridas polo Concello de Zas

Un equipo de voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Zas entregou dúas unidades en todas as vivendas do noso municipio

Nun tempo para marca, en tan só día e medio, un equipo de voluntarios e voluntarias de Protección Civil repartiron as 4.500 máscaras adquiridas polo Concello de Zas. 

A distribución realizouse vivenda por vivenda de cada unha das 16 parroquias que forman o municipio de Zas onde deixaron un sobre con dúas máscaras de tipo cirúrxico de triple capa e con certificado CE para produtos sanitarios. Con esta medida, o Concello de Zas pretende que en todas as vivendas teñan dúas máscaras hixiénicas dispoñibles para utilizar no caso de que se vexan na obriga de ter que saír da casa e que non podan respectar a distancia de seguridade interpersoal. 

Despois de numerosas xestións debido á dificultade de conseguir este tipo de produtos de protección nestes momentos, o Concello de Zas adquiriu un total de 4.500 unidades. Tanto a compra da mercancía como o seu reparto fíxose seguindo os datos de poboación que manexa o Concello, onde actualmente están censadas un total de 4.472 persoas cunha media de dous habitantes por vivenda. 

Xunto coas máscaras, os veciños e veciñas do Concello de Zas recibiron un protocolo para facer un uso correcto das mascarillas entregadas que se resume nos seguintes puntos: 

  • Lavar as mans antes de poñela
  • Cubrir debidamente a boca e a nariz coa máscara
  • Evitar tocar a máscara mentras se leva posta
  • Cambiar a máscara cando estea húmida e non reutilizala
  • Para quitala, retirar pola parte de atrás sen tocar a parte frontal
  • Lavar novamente as mans

Dende o inicio desta crise sanitaria, o Concello de Zas repartiu diverso material de protección entre persoal do Centro de Saúde, persoal do Servizo de Axuda no Fogar, membros de Protección Civil, Policía Local e traballadores municipais que realizan as labores de desinfección nos exteriores dos espazos máis concurridos estes días pola veciñanza. 

 

* Podedes ver máis imaxes da entrega de máscaras na páxina de Facebook de «Concello de Zas Actualidade Municipal»

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 julio, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 julio, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 julio, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 julio, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 junio, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 junio, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.