programa-madrugadores-concello-zas

O Concello de Zas pon a disposición das familias do CPI de Zas e do CEIP Labarta Pose o programa de Madrugadores

O servizo prestarase do 2 de outubro ata o 21 de xuño en horario de 08:00 a 09:30 horas

 

Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, o Concello de Zas, en colaboración coas ANPAs de ambos centros, vén de poñer en marcha para o curso 2023-2024 o programa de Madrugadores. Con este servizo ofréceselle ás familias a opción de que os seus fillos entren no centro antes do inicio das clases.

O servizo prestarase dende o 2 de outubro ata o 21 de xuño, ambos incluídos, en horario de 08:00 a 09:30 horas, sendo a última hora de entrada as 09:00 horas. Os nenos e nenas serán atendidos por persoal cualificado que estará financiado polo Concello de Zas. Para as familias, o servizo terá un custo de 20€ ao mes e aplicaranse reducións para o 2º fillo/a e para as familias numerosas ou monoparentais. Tamén se poderá facer uso del de forma ocasional.

Preinscrición
O programa Madrugadores porase en marcha sempre e cando haxa un mínimo de usuarios/as e para iso xa está aberto ata o 18 de setembro o prazo de preinscrición que se deberá de realizar a través destas vías indicando nome, apelidos e curso do alumno/a, horario de entrada e outras obsevacións:

  • CEIP Labarta Pose: anpalabartapose@gmail.com ou no número de Whatsapp 643 877 538
  • CPI Zas: Centro Sociocultural de Zas (981 75 13 98)
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 mayo, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 mayo, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 mayo, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 mayo, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 mayo, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 mayo, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.