presentacion-campaña-vespa-velutinaZas

O Concello de Zas inicia a campaña de trampeo da vespa velutina coa instalación de máis de 500 trampas

O Concello de Zas vén de poñer en marcha unha nova campaña de trampeo da vespa velutina, e xa van oito, co fin de evitar a expansión desta especie invasora e poder controlala. Grazas á colaboración da veciñanza, que este ano é maior que en anos anteriores, instalaranse unhas 500 trampas en todo o municipio. O Tenente de Alcalde, José Manuel Brenlla, deulles as grazas aso máis de 100 veciños e veciñas que hoxe se achegaron ata o Centro Sociocultural de Zas para asistir a unha breve charla informativa e para recoller as trampas e o líquido atraínte que facilita o Concello de forma totalmente gratuíta. “Queresmos darvos as grazas por unha vez máis sumarvos a esta loita contra a vespa velutina, xa que este é un traballo que debemos facer entre todos”, sinalou Brenlla.

Este é o oitavo ano que o Concello de Zas pon en marcha unha campaña de trampeo que se prolonga ata o mes de maio, sendo así un dos primeiros municipios da zona en loitar contra esta praga que afecta a toda a comunidade. Segundo os datos recollidos ano a ano, no 2023 houbo un claro repunte do número de vespas atrapadas cun total de 15.297 capturas. Segundo explicou Isidro Rodríguez, responsable da empresa encargada da campaña (Plaguiber), prevese que este ano haxa un novo repunte de capturas xa que “as temperaturas do inverno foron suaves e déronse as condicións ideias para que as raíñas sobreviviran”. É precisamente nestes meses, febreiro e marzo, o momento ideal para a instalación de trampas para capturar o maior número de raíñas posibles que están a despertar do seu letargo. “Cantas máis raíñas se capturen máis niños primarios se evitarán”, sinalou o responsable de Plaguiber.

Esta campaña desperta un enorme interese entre a veciñanza e unha mostra diso é a súa implicación. Máis de 100 veciños e veciñas recolleron hoxe as súas trampas e aínda queda máis material dispoñible, polo que todas aquelas persoas que o desexen poden recoller ata que se rematen as existencias do material que facilita o Concello de Zas. Para iso deberán chamar previamente ao Centro Sociocultural de Zas a través do número de teléfono 981 751 398.

012

Durante a charla recordouse que o 012 é o número de teléfono ao que os veciños e veciñas deberán chamar para solicitar a retirada de niños.

A continuación pódense observar os principais datos recollidos nos últimos catro anos:

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.