programacion-centeario-enrique-labarta-pose_page-0001

O Concello de Zas conmemora o centenario da morte de Enrique Labarta Pose cunha programación especial para reivindicar a súa figura

O 13 de maio é unha data sinalada no calendario do Concello de Zas xa que neste 2025 cúmprense 100 anos da morte de Enrique Labarta Pose. Por este motivo, o Concello de Zas, a través do seu departamento de Cultura, vén de deseñar unha programación especial na lembranza do polifacético escritor que se desenvolverá durante os vindeiros meses e que se realizará coa colaboración da comunidade educativa e do grupo de teatro Badius.

  • A primeira actividade será o 26 de marzo coa lectura da obra “O segredo do Tío Sanfona” que realizará o alumnado do IES Maximino Romero de Lema no programa de Radio Escolar Vimianzo. Tamén gravarán en podcast o conto “A Compaña”.
  • En abril instalaranse nas principais rúas de Baio e de Zas unha exposición conmemorativa cunha escolma de poemas de Enrique Labarta Pose. 
  • Coincidindo co Día Internacional do Libro, que se celebra o 23 de abril, levaremos o contacontos “O poeta do pobo” ao CPI de Zas (10:00 horas) e ao CEIP Labarta Pose (11:30 horas). Diso encargaranse os membros de “Polo Correo do Vento”. 
  • Un dos actos centrais desta programación especial na honra de Enrique Labarta Pose será o 13 de maio, coincidindo co día exacto do seu falecemento, e realizarase na Praza Jorge Mira Pérez de Baio a partir das 11:00 horas. Nesta conmemoración decobriremos un monumento, realizarase un acto simbólico do seu enterramento, realizarase unha ofrenda floral e farase a lectura do poema “Que me enterren aló” coa participación do alumnado do CPI de Zas, do CEIP Labarta Pose e do IES Maximino Romero de Lema.
  • Algunhas obras de teatro máis relevantes escritas por Enrique Labarta Pose representaranse na tarde do domingo 25 de maio no Auditorio de Baio. O alumnado do CEIP Labarta Pose interpreterá “O tío Sanfona”, “A lingua pequena” e “Falade Galego!”; mentras que o o grupo de teatro Badius representará “Unha boa misa”.
  • Durante a Semana Cultural que organiza o IES Maximino Romero de Lema realizarase un roteiro literario polo espazos bibliográficos e literarios localizados en Baio. 
  • E xa por último, o grupo de música local Sidhe está a traballar nestes meses na musicalización da súa obra poética que pronto poderemos escoitar. 

O Concello de Zas está a realizar unha intensa labor de posta en valor da obra e figura de Enrique Labarta Pose co fin de que se lle dea o seu recoñecemento e que a Real Academia Galega lle conceda o seu propio Día das Letras Galegas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.