II Xornada Canina Concello de Zas

O 25 de maio celebramos a II Xornada Canina Concello de Zas cunha exhibición de exemplares profesionais e un concurso local

Será a partir das 10:00 horas na Praza Jorge Mira Pérez de Baio

Tras o éxito da primeira edición, tanto en número de participantes como en público, o vindeiro 25 de maio celebramos a II Xornada Canina Concello de Zas. 

Será na Praza Jorge Mira Pérez de Baio a partir das 10:00 horas. Tras a inauguración do evento, realizarase unha exposición con criadores profesionais que serán valorados por xuíces para a clasificación no campionato galego Ascelcre/Expogal.

Ao igual que o ano pasado, haberá un concurso canino local aberto a todas as persoas que desexes participar co seu can e que se celebrará ao redor das 11:30 horas.  Entre todos os participantes haberá un sorteo de agasallos e tamén haberá un premio especial para o can máis guapo e para o máis simpático. Para participar é necesario anotarse previamente no Centro Sociocultural de Baio, no número de teléfono 981 718 056 ou a través do formulario https://bit.ly/concursocanino25. A inscrición é de balde.

Unha vez rematado o concurso local, haberá unha exhibición canina que realizarán os criadores profesionais con destacados exemplares. O evento remata ao redor das 13:30 horas coa entrega de premios.

Este é un evento organizado polo Concello de Zas xunto coa Asociación de Centro Legales de Cría y Cuidado Responsable e o Centro Veterinario Cenvet.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 junio, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 junio, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...