Debido á baixa por enfermidade da actriz protagonista na obra «Palabras
Encadeadas», o grupo de teatro ceense vai ser substituído na III Semana Cultural do Concello de Zas por Mofa e Befa, que representarán a obra «Cociña Económica».
A función terá lugar o mesmo día e a mesma hora, é dicir, o Xoves 5 de agosto ás 21.30h no auditorio do Concello.